 |
Librería Colón
Lo he leído un poco tarde en Dias estranhos.
"Adeus a Colón
Na novela Os libros arden mal dise dun dos personaxes que traballara ocasionalmente carrexando libros para a librería coruñesa La Fe. O establecemento, de dimensións que agora nos parecen colosais, abriu as súas portas en 1927 e sete anos despois, o 1 de febreiro de 1935, foi traspasado á Sociedade General Española de Librerías, que segue sendo, aínda que por poucas horas, a dona do negocio. Despois da compra a libraría pasou a ser coñecida como Colón, e con ese nome entrou a formar parte do patrimonio vital de varias xeracións de coruñeses, entre as cales me inclúo.
A libraría Colón pecha hoxe definitivamente. E non porque as cousas lles vaian mal, por suposto que non; pecha porque o edificio no que se atopa está declarado en ruina por sentencia firme a petición dos seus propietarios, a Fundación Irmáns Tenreiro, que queren construír nese solar: non facendo nada por evitar a ruina atoparon unha boa escusa coa cal xustificar logo a súa cobiza. É algo que aquí na Coruña xa vimos moitas veces. Perto do CGAI, un bar emblemático, A Nova Pataca, disque vai desaparecer en breve por razóns equivalentes. Baixo a ditadura do ladrillo, a memoria sentimental dos cidadáns acaba escribíndose sempre en presente histórico.
Mañá, outro 1 de febreiro, é o día do adeus á libraría Colón; un adeus que pretende ser festivo. Begoña, unha das empregadas, vai abrir libraría nun local da rúa dos Olmos, así que polo menos parte do espírito quedará vivo. A mágoa é que unha vez máis teñamos que conformarnos só co espírito."
Al final sólo nos quedarán las librerías impersonales de los grandes almacenes. Mis favoritas eran Librería Hernandez y Arco, tristemente desaparecidas también.
|
Publicado por Javincho el 14 de Febrero, 2007, 19:38
Comentarios 1
| Comentar
| Referencias (0)
|
|
 |
|